| BREVE
HISTORIA DA NOSA PROFESIÓN
As anegacións periódicas
do río Nilo levaron a ter que fixar
e remarca-las parcelas de cultivo dando
pé á aparición dos
Xeómetras.
Os Xeómetras derivaron posteriormente
en distintas especialidades que deron paso
a outras profesións. Xeómetras
e Delineantes fundan en 1.953 a Agrupación
Sindical de Delineantes Españoles
(ASDE).
A Delineación é unha profesión
que nace coa Arquitectura-Enxeñería,
os Delineantes ocupámonos de face-los
documentos que serven para comunicar, e
de explica-lo proceso de construcción
dos edificios e das máquinas. A Delineación
en España non tiña escolas
nin titulacións específicas
de Delineantes, a Delineación exercíase
como os vellos oficios, nos que a formación
era autodidacta e graduada (aprendices,
oficiais e mestres).
ASDE nace reclamando escolas e un plan
de estudios específico para os Delineantes
Proxectistas, regulación da profesión
e un Colexio Profesional dos Delineantes.
Coa democracia - en 1.978 - ASDE constitúese
en Colexio Profesional. As sucesivas reformas
dos plans de estudio das carreiras técnicas
non atenderon ás reclamacións
dos Delineantes. En 1.957 deixase aparcada
a especialidade de Delineante Proxectista.

En 1.958 establécese por primeira
vez na Formación Profesional Industrial,
a especialidade de Delineación, insuficiente
e lonxe das propostas da ASDE. En 1.974
refórmase a Formación Profesional
e aparecen 11, 21 e 31 grao de Formación
Profesional, a Delineación pouco
cambia e a chamada FP-3 (o 31 grao) non
se chega a implantar.
En 1.990 a LOXSE reforma novamente a FP
e dá paso á desaparición
do título de Delineante transformándoo
en distintas especialidades cos títulos
de Técnico Superior en Desenvolvemento
de Proxectos Urbanísticos e Operacións
Topográficas, Técnico Superior
en Desenvolvemento e Aplicación de
Proxectos de Construcción na Familia
Profesional de Edificación e Obra
Civil, e Técnico Superior en Desenvolvemento
de Proxectos Mecánicos na Familia
Profesional de Fabricación Mecánica.
CONSELLO GALEGO
DOS COLEXIOS PROFESIONAIS DE DELINEANTES
Colexio
de Delineantes de A Coruña
Avda. General Sanjurjo, 189 - 1º B
15006 A CORUÑA
Tfno./Fax 981. 28.95.90
e-mail: colegiodelineantes@gmail.com |
Colexio de Delineantes
de Lugo
Rúa Ramiro Rueda, 10 - Entrechán
27003 LUGO
Tfno./Fax 982.24.52.06
e-mail: delineanteslugo@wanadoo.es |
Colexio
de Delineantes de Ourense
Rúa Capitán Eloy, 26
- 21
32003 OURENSE
Apartado de Correos 646
32080 OURENSE
Tfno./Fax 988.25.54.05
e-mail: c.delineantesou@vodafone.es |
Colexio de Delineantes de
Pontevedra
Rúa Conde de Torrecedeira, 40
Entrechán
36202 VIGO
Tfno. /Fax 986. 29.42.93
e-mail:
info@delineantesvigo.com
colegio@delineantesvigo.com
|
Consello Galego dos Colexios Profesionais
de Delineantes e Técnicos Superiores
Proxectistas
ARQUITECTURA-CONSTRUCCIÓN-OBRAS
PÚBLICAS
Os Delineantes neste sector exercen nas
oficinas ou gabinetes técnicos como
empregados ou como profesionais pola súa
conta.
No desenvolvemento de proxectos de vivendas,
urbanizacións e construccións
civís, no seu orzamento, cálculo,
maquetación, animación gráfica
e presentación.
Na xardinería, paisaxismo, moblaxe
urbano, instalacións eléctricas,
redes, canalizacións, autoestradas,
estradas, portos, minas, pedra, prefabricados
da construcción, carpintería,
moblaxe, saneamento, naves industriais,
etc.
Na xestión e tramitación das
obras menores, xestión urbanística,
reformas, estados actuais, deslindes, peritación,
etc. E o servicio da Administración
Pública.
INDUSTRIA
Os Delineantes Industriais son a especialidade
máis cualificada da nosa profesión,
e a menos coñecida.
Os Delineantes Proxectistas por excelencia,
deseñadores de utillaxe, carrocería,
estructuras mecánicas, moldes, troqueis,
etc.
No desenvolvemento de proxectos industriais
de todo tipo, que van dende a fabricación
de compoñentes á producción
aeroespacial.
Vinculados, esencialmente, á Enxeñería
Industrial, os Delineantes exercen nos gabinetes
técnicos, consultings ou empresas,
ben pola súa conta, ben como empregados.
TOPOGRAFÍA-CARTOGRAFÍA
Historicamente unha das máis vellas
especialidades dos Delineantes, e que arranca
coa creación do Instituto Xeográfico
e Catastral e o seu corpo de Delineantes-Topógrafos
e Cartógrafos.
Nesta especialidade os Delineantes son fundamentalmente
prácticos en Topografía e
Delineantes de Cartografía terrestre
e marítima.
Os Delineantes neste sector exercen nas
oficinas ou gabinetes como empregados ou
como profesionais pola súa conta.
Nos levantamentos topográficos de
terreos, planeamentos de obra, cubicaxe
de terras, trazas de liñas eléctricas,
canles de abastecemento, deslinde de fincas,
parcelación e reparcelación,
etc.
Os novos plans de estudios de Desenvolvemento
de Proxectos Urbanísticos e Operacións
Topográficos amplía e mellora
considerablemente, a formación e
capacidade dos Delineantes Proxectistas
e Delineantes Topógrafos.

O
EXERCICIO PROFESIONAL
DEONTOLOXÍA
As
profesións de antigo, teñen
un código de honra no seu exercicio.
Lealdade na competencia, cumprimento nas
encargas e garantía da boa execución
do seu traballo, son algunha das Normas
Deontolóxicas que un bo profesional
respeta.
Os Colexios Profesionais encárganse
de vixia-lo correcto exercicio profesional
dos seus colexiados.
INNOVACIÓN
O tempo cambiou as ferramentas de traballo
dos Delineantes, e hoxe, a informática
é un dos instrumentos de traballo
máis adiantados.
A Delineación asistida por ordenador
constítúe unha nova e potente
ferramenta de traballo, que fai máis
fácil e máis universal a linguaxe
dos técnicos/as.
O teletraballo preséntase como a
modalidade de exercicio profesional do futuro
inmediato. Delinear dende a propia casa
sen necesidade de acudir á oficina
doutro, enviar e recibi-las encargas a través
das chamadas "autoestradas informáticas",
supón unha nova concepción
do traballo.
ESPECIALIZACIÓN
A implantación das novas titulacións
e os Módulos experimentais da F.P.
fan xurdir novas especialidades na Delineación,
os Deseñadores Gráficos, os
Deseñadores Industriales ou os Técnicos
Superiores.
Estas especializacións dos Delineantes
non son novas xa que de feito son algunhas
das especializacións que xa se viñan
exercendo e que non existían na formación
académica.
No mercado laboral e no exercicio libre
da profesión son moitas as solicitudes
de Delineantes cada día máis
especializados.

LEXISLACIÓN
DE APLICACIÓN
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA:
Artigo 36.- A Lei regulará as peculiaridades
propias do réxime xurídico
dos Colexios Profesionais e o exercicio
das profesións tituladas. A estructura
interna e o funcionamento dos Colexios deberán
ser democráticos.
Lei de Colexios Profesionais 2/1974, de
13 de febreiro. Modificada por Real Decreto-Lei
5/1996, de 7 de xuño
Artigo 3.2.- É requisito indispensable
para o exercicio das profesións colexiadas
a incorporación ó Colexio
correspondente. Cando unha profesión
se organice por Colexios Territoriais, bastará
a incorporación a un só deles,
que será o do domicilio profesional
único ou principal, para exercer
en todo o territorio do Estado.
Cando os Colexios estean organizados territorialmente
atendendo á esixencia necesaria do
deber de residencia para a prestación
dos servicios, a colexiación habilitará
soamente para exercer no ámbito territorial
que corresponda.
ESTATUTOS DOS COLEXIOS PROFESIONALES
DE DELINEANTES RD 3306/78
Artigo 13.a.- Para exercer legalmente a
profesión de Delineante será
requisito indispensable estar colexiado/a
no Colexio establecido na demarcación
da súa residencia, agás no
caso dos funcionarios públicos que
realicen a súa actividade exclusivamente
ó servicio da Administración.
CÓDIGO PENAL
Artigo 403.- O que exercera actos propios
dunha profesión sen posuí-lo
correspondente título académico
expedido ou recoñecido en España
de acordo coa lexislación vixente,
incorrerá en pena de multa de seis
a doce meses. Se a actividade desenvolvida
esixira un título oficial que acredite
a capacitación necesaria e habilite
legalmente para o seu exercicio e non estivera
en posesión de dito título,
imporase multa de tres a cinco meses.
Se o culpable se atribuíse publicamente
a cualidade de profesional amparada polo
título referido, imporáselle
a pena de prisión de seis meses a
dous anos.

|